Nada nos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf, Alxeria e criada pola súa avoa en Mauritania, Tesh Sidi é activista do antirracismo e a causa saharauí, tamén enxeñeira informática de 29 anos, feminista e fundadora do medio SaharawisToday. Con 12 anos saíu dos campamentos saharauís despois dun período en Mauritania, para mudarse a Alacante cunha familia de acollida. En 2022 obtivo a nacionalidade española. Fichada por Más Madrid o ano pasado, Sumar situouna como número 3 en Madrid e así se converteu na primeira deputada saharauí en España. Carne Crúa charla con ela e poñen humor co 'Debatoker' xunto a Pilar de Francisco, David Parella e Violeta Star.