O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizou a súa primeira visita institucional a un medio de comunicación dixital galego en PontevedraViva.com. Durante a súa visita foi o invitado ao Cara a cara con Alejandro Espiño. Unha entrevista na que se falou de cuestións que incumben á cidade de Pontevedra, á provincia e igualmente ao ámbito autonómico. Nesta charla tamén falou ademais do político, o recente pai.