A este militar pontevedrés a Hepatite C cambioulle a vida, ou as vidas, porque desde xaneiro de 2014 vive unha segunda tras ser trasplantado. En breve viaxa a Málaga para competir nos seus primeiros Xogos Mundiais para Trasplantados. Unha convocatoria para que foi seleccionado polo seu palmarés, dedicación e resultados.