Cara a cara #451: Lara Serodio e 'La piel infiel'

Radio
21 de xaneiro 2024
Actualizado: 27 de novembro

Lara A. Serodio, autora de 'La piel infiel'.

Cara a cara #451: Lara Serodio e 'La piel infiel'
Cara a cara #451: Lara Serodio e 'La piel infiel'

A viguesa Lara A. Serodio arrinca o ano coa publicación de 'La piel infiel'. Profesionalmente vinculada ao sector audiovisual, dixital e publicitario, tamén escribe e publica novelas desde 2015. Trasladouse a Cataluña para cursar estudos superiores e alí continúa, aínda que afirma con rotundidade que segue sentíndose "máis galega que a centola". Esta novela, hai que advertir con vehemencia, non é só unha novela erótica, vai moito máis alá do erotismo e do sexo explícito "e realista", como puntualiza Lara na charla que mantemos.

Protagonízaa Emma, unha muller na metade da trintena en crise. Nesa tesitura aparece un home sedutor, exitoso e casado. A atracción para a ser un affaire que toma proporcións e consecuencias imprevistas pola protagonista.  Hai erotismo, hai sexo e tamén hai amor porque "é unha historia de amor propio por encima de todo e de saúde mental", afirma rotunda Lara.

Foto: Cristina Reche