Cara a cara #450: Daniel Froiz

Radio
18 de xaneiro 2024
Actualizado: 27 de novembro

Daniel Froiz, fundador de Matriuska Produccións e Premio Cidade de Pontevedra.

Cara a cara #450: Daniel Froiz
Cara a cara #450: Daniel Froiz

Daniel Froiz recibirá este próximo sábado 20 de xaneiro no Teatro Principal o Premio Cidade de Pontevedra como persoa xurídica. No 2023 Matriuska Producións cumpría a súa maioría de idade e chegados a ese momento poñémoslle a mirada nas previsións futuras: "estamos nun momento -tras dar o salto cando empezamos a traballar máis claramente con coproducións nacionais e internacionais-  de seguir crecendo, pero non esperamos ningún salto máis grande. A min gustaríame facer máis 'Matria' ou 'A media voz', o último documental que fixemos e que gañou o premio ao mellor documental no IDFA fai tres anos; así que se me puidese manter nisto moitos anos sería marabilloso".

Con esa película que tantos recoñecementos e eloxios están a recibir, Dani Froiz apunta que: "en 'Matria' había vimbias moi interesantes". Unha vez estreada en febreiro do ano pasado ha pasado xa por toda a fase de festivais e quédalle unha data que pode ser unha guinda a este dulcísimo pastel: os Goya o próximo dez de febreiro.

Foto: Novos Cinemas