Cara a cara #449: Cristian Schleu e 'Muerte en tres texturas'

Radio
17 de xaneiro 2024
Actualizado: 27 de novembro

Cristian Schleu, escritor debutante con 'Muerte en tres texturas'.

Cara a cara #449: Cristian Schleu e 'Muerte en tres texturas'
Cara a cara #449: Cristian Schleu e 'Muerte en tres texturas'

NdeNovela é o novo selo de ficción de Planeta co que pretende dar a coñecer a novos autores. O primeiro deles é Cristian Schleu, un creativo de Publicidade que estudou Cociña, tivo durante sete anos dous restaurantes, estudou posteriormente Narrativa, disciplina da que foi profesor e actualmente móvese de novo no sector publicitario.

'Muerte en tres texturas' acolle a un prestixioso chef londiniense e ao seu axudante xaponés, quen é requiridos como colaboradores de Scotland Yard para axudarlles na resolución dos crimes dun asasino en serie moi sádico que cociña e emprata marabillosamente. O publicista, o restaurador e o narrador conseguiron unha sobresaliente maridaxe para poñer sobre a mesa, quen di mesa di sobre o papel, un gastrothriller como se bautizou, de escritura directa e cinematográfica, descarnada por momentos e de historia absorvente. 

Foto: Cristina Reche