'As formiguiñas filandeiras' foi o seu debut como escritora. Agora a pontevedresa Victoria García publica o seu segundo título para público infantil: 'Un segredo entre as nubes'. É xornalista e mestra. A iso continúa dedicándose actualmente, con alumnos de Primaria nun centro de Moaña. É esta docencia a que tamén nutre as historias que leva aos contos. As ilustracións corren a cargo da arousá Nuria Díaz e publícase en castelán, galego e catalán.