Cara a cara #431: 15 aniversario de Blind Crows

Radio
30 de outubro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

A banda pontevedresa Blind Crows está integrada por Diego e Alberto.

Cara a cara #431: 15 aniversario de Blind Crows
Cara a cara #431: 15 aniversario de Blind Crows

Alberto e Diego son Thee Blind Crows,  cumpren quince anos de traxectoria musicalInicialmente eran Noisy Room pero cambiaron o nome a Thee Blind Crows cando deron o paso para compoñer temas propios. A música que fan: "o punk é a actitude e o blues é a guía". Veñen de publicar un álbum de décimoquinto aniversario. Para este elepé especial tiveron ademais a colaboración dos dous baixistas - Samu e  Santi - que tamén formaron parte de Thee Blind Crows e de Eva Outeiro para o tema 'Corvo cego'. Tras un primeiro evento en Vilagarcía, inician os concertos de xira este próximo 3 de novembro na Salasón de Cangas, logo teñen pechados directos na Coruña, Santander, Cambados, Madrid... e ata aí deixan descuberto, aínda que o inverno e a primavera prometen. 

Foto: Mónica Patxot