Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Mercedes Rodríguez, Felisa Segade, Patricia Segade e Montse Rivera despídense de trinta e catro anos dedicadas á música popular da terra á que pertencen. Refacemos xunto a Ana Rodríguez a andaina destas cantareiras e pandereteiras que comezaban en 1989 co nome de Leilía. Están a virar con 'Vidas cantadas', o espectáculo co que se queren despedir - do que se editará álbum -, e que fará unha pausa no outono para afrontar ata xaneiro os últimos concertos.