'Así en la guerra como en la paz' transcorre no inverno de 1808 e 1809. Recrea o envío de tropas británicas á Península Ibérica para facer fronte ao exército de Napoleón durante a guerra da Independencia. Un capítulo da Historia que botando man tamén da ficción, relata Catherine Gallagher, a heroína principal desta novela e unha das mulleres que acompañan a aquel continxente militar. A novela reflicte as penalidades daquela guerra, pero Luis García Jambrina tamén deixa patente unha homenaxe ao pobo, cultura e paisaxes galegos. Entre eles aos heroes de Pontesampaio.