Pianista, teclista, compositor, arreglista, produtor e tamén profesor. A música fía o día a día, por non dicir cada hora, deste pontevedrés afincado en Madrid. Adrián Solla traballa en estudo e en directo con artistas de proxección internacional; para televisión e para cinema. "Se tes a oportunidade de compoñer, producir artistas internacionais, facer xiras, ter a túa propia escola... organízasche para poder chegar a todo", comenta neste podcast.