Cara a cara #338: Pedro Simón

Radio
14 de decembro 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Pedro Simón, escritor e xornalista. Autor de 'Los incomprendidos'.

Cara a cara #338: Pedro Simón
Cara a cara #338: Pedro Simón

Despois de 'Los ingratos'  Pedro Simón trae agora 'Los incomprendidos',  "unha expedición memorable ao corazón dunha familia'. Unha familia cos seus sentimentos de culpa, os seus medos, os seus silencios, as súas perdas, as súas debilidades, a súa xestión das paternidades e maternidades, das adolescencias..., unha familia ficcionada, pero perfectamente real.

Pedro Simón é Premio Rey de España de Xornalismo, Premio ao Mellor Xornalista de Ano da APM e Premio Ortega e Gasset. Como escritor é Premio Primavera de Novela (Espasa). Falamos co xornalista, co escritor e co pai. Avanza no podcast que despois de 'Los incomprendidos' se cerne unha terceira novela de "esta triloxía sentimental dos baby boomers" na que pasarán a ser os maiores das súas familias.

Foto: Carlos Ruiz.