Os cineclubes xurdiron en España na década dos 30. Desde entón ata hoxe tiveron a súa etapa de apoxeo e de declive. Seguen sendo unha interesante achega cultural alá onde manteñen a súa actividade. É o caso do Cineclub de Bueu, onde actualmente a súa nova directiva, cunha chea de ideas para desenvolver, fai fronte ás dificultades económicas que supón unha entidade deste tipo. Alba Sotelo e Xoán Pastoriza cóntannos a súa experiencia neste Cara a cara.