Dúas estudantes de Bueu poñen nome a este podcast. Ambas fixéronse con senllos primeiros premios do concurso de microrrelatos convocados pola Real Academia Galega e PuntoGal. Antía Novas Arribas, alumna do IES Johan Carballeira, concluíu segundo curso de Bacharelato. Con 'Sen' obtivo o recoñecemento na categoría xuvenil. Elena Pastoriza Cortizo, alumna do CEIP Montemogos de Beluso, terminou cuarto curso de Primaria e conseguía o premio co traballo titulado 'O gran baile'.
Fotografía: Mónica Patxot