Eduardo Sánchez Martínez debuta no mercado editorial cunha novela negra: 'La curandera del olvido' Aínda que é novela de ficción, hai un feito real que ao protagonista deste podcast cambioulle a forma de considerar a vida... ou aquilo que sexa o que hai máis aló da vida. En 2013, cando exercía o seu traballo na Benemérita, viviu xunto a outro compañeiro unha experiencia que xa relatou en televisión para o programa de Iker Jiménez 'Cuarto Milenio'.
Eduardo Sánchez é vigués de orixe e leva máis de dúas décadas residindo en Ponte Caldelas, e nese municipio pontevedrés onde escenifica a trama. Por este motivo a primeira presentación de 'La curandera del olvido' foi neste Concello. Van seguir varias por diferentes municipios da provincia. Pontevedra terá ocasión de coñecelo na súa próxima Festa dos Libros (8 ao 10 de xullo na praza da Ferrería).
Fotografía: Mónica Patxot