Cara a cara #285: Javier Waterproof

Radio
07 de maio 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Javier Pérez Gomara, artísticamente Javier Waterproof.

Cara a cara #285: Javier Waterproof
Cara a cara #285: Javier Waterproof

O nome de Javier Pérez Gomara e o de Javier Waterproof, estarán no vindeiro Festival de Cans.  Nesta convocatoria cultural estrearase a curta  ‘A moza da bufanda vermella contra a xente de dentes brancos’ do coruñés Martín Caínzos, para a que Javier encargouse do son e para a que tamén compuxo como músico o tema 'The scarf she wore in red'

Javier actualmente reside en Barcelona ampliando formación como técnico e como músico. No cinema e no son están as súas perspectivas laborais futuras. Acaba de presentar o sinxelo 'Orfeo y Eurídice', que se pode escoitar en todas as plataformas musicais de streaming e no que colaborou co artista ferrolán Eloy Hermida, que deseñou a imaxe do single e o baterista coruñés Nicolás Cotelo.