Cara a Cara #276: Día Mundial do Párkinson - Begoña Cerqueiro

Radio
10 de abril 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Begoña Cerqueiro é presidenta da Asociación Provincial de Párkinson (APROPARK).

Cara a Cara #276: Día Mundial do Párkinson - Begoña Cerqueiro
Cara a Cara #276: Día Mundial do Párkinson - Begoña Cerqueiro

11 de abril está adicado ao Día Mundial do Párkinson. Unha enfermidade neurodexenerativa á que nos achegamos con Begoña Cerqueiro, presidenta da Asociación Provincial (APROPARK) e que pertence á Federación Española de Párkinson. Unha doenza de causalidade sen determinar, que se adoita manifestar a partir dos 55 anos, cuxa sintomatoloxía e evolución é moi diversa e rodeada de tópicos.

Falamos ademáis do traballo que desenvolven desde a Asociación cun total de 160 pacientes actualmente. Sete persoas conforman a directiva de APROPARK e as sete son mulleres. 

Fotografía. Mónica Patxot