A axencia de promoción cultural PlayPlan, radicada en Bueu leva tamén a representación (management) de Tanxugueiras. Despois da súa participación no Benidorm Fest todos quieren tenerlas en sus carteles. Falamos con Jordi Lauren da experiencia no concurso televisivo, da fortísima controversia xerada e de 'Averno' - avance do vindeiro disco - en colaboración con outro dos artistas que tamén competía en Benidorm, Rayden, cuxo booking en Galicia está baixo o paraugas de Playplan.