Cara a cara #236: Fran Ferreirós

Radio
02 de xuño 2021
Actualizado: 27 de novembro 2024

Fran Ferreirós, filmmaker.

Cara a cara #236: Fran Ferreirós
Cara a cara #236: Fran Ferreirós

Fran Ferreirós leva desde 2017 contando historias, propias ou alleas, a través dos seus vídeos e fotografías. Algo que comezara como "unha moda" entre os da súa xeración e que neste caso, está a ser a súa incursión no mercado laboral. Neste tempo, recoñecidas marcas de diferentes sectores como HuaweiAdobe, ou Solan de Cabras, entre outras, confiaron nel para proxectos corporativos.

Actualmente pode dicir algo pouco habitual "teño bastante traballo". Sinala no 'Cara a cara' o plus de motividad que lle supoñen encargos nos que hai un compoñente de compromiso con algunha causa. Foi o caso da firma pontevedresa Bioprana, ou da sevillana de biomedicina UDX, pioneira mundial na consecución dun test de sangue para a detección temperá de cancro.

Na súa web canle de Youtube Fran Films, mostra outra faceta, a do viaxeiro que espreme as súas experiencias para reflectilas en vídeo, como o foi o caso de París, Azores ou o Sahara, que foi como el di unha forma de "perderme e atoparme", un antes e un despois na súa maduración persoal. Espera que unha vez que se alivien as restricións, retomar as viaxes e coñecer novos destinos que poida plasmar en audiovisual.

"Crear, contar historias e viaxar" son obxectivos persoais e profesionais que sinala en PontevedraViva Radio este mozo de Verducido e que á vista está, van por bo camiño.