Pablo Ozores ten 21 anos, habiliidades innatas para o debuxo e estuda Empresariais. En 2020, durante o confinamento, xurdiu Ozo, o alter ego deste artista do Grove. Instagram foi o primeiro escaparate. Animado polos comentarios da súa contorna entrou en acción o estudante empresarial. Creou a súa propia web para emprender e tamén a súa marca: Ozo Supply.