Quen están a mover o turismo en Rías Baixas estes días vacacionais de Semana Santa?. "Pouco movemento hai porque, aínda que as restricións sexan dentro da Comunidade, reduciu moito o movemento", así comeza a charla que mantemos en PontevedraViva Radio con César Sánchez Ballesteros, presidente de Asehospo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hospedaxe e secretario do Clúster de Turismo de Galicia.