Teresa Fernández-Valdés Calderón é licenciada en Xornalismo. En 2008, xunto ao seu marido Ramón Campos, crean Bambú Producións. De aí saíron as exitosas series de televisión "Gran Reserva", "Velvet", "Hispania", "Gran Hotel", "Seis hermanas", "Bajo sospecha", etc. O Hollywood Reporter falou dela como unha das cinco showrunners máis importantes de Europa. Ah! e outro dato reseñable: é pontevedresa. Por iso, Amigos de Pontevedra elixiuna este ano entre as persoas que serán homenaxeadas con motivo da celebración das festas da Peregrina.