Javier Mur Isaiz foi en 2016 Premio Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa, galardón que entrega o Ministerio de Educación e do que foi merecedor polo Proxecto Guillén. Unha experiencia que ademais dun documental, inspirou unha película ficcionada, que agora se exhibe nas salas de cinema e que deixamos á marxe deste programa para centrarnos na innovación educativa.