Nos últimos dez anos cada vez son maiores os problemas de costas entre os escolares. É unha circunstancia evidenciada no Complexo Hospitalario de Pontevedra e que expuxo Manuel Fraiz, responsable da Unidade de Raquis (columna vertebral) a Iván Prieto Lage, profesor da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Pontevedra e membro do proxecto 'Elección do mobiliario axeitado no Ensino'.