Cara a cara #164: Luís Bará

Radio
19 de xuño 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Luís Bará, ex concelleiro en Pontevedra e deputado autonómico do BNG.

Cara a cara #164: Luís Bará
Cara a cara #164: Luís Bará

Luís Bará accedeu á Corporación de Pontevedra en 1995Antes fora candidato en Vilaboa. Nas seguintes eleccións, a formación nacionalista accedía ao goberno local por primeira vez, onde seguen vinte anos despois. Estivo na política autonómica durante o bipartito de Touriño e Quintana, entre 2005 e 2009; retomando a actividade municipal como concelleiro non electo en 2011. No seguinte mandato reincorpórase á CorporaciónDesde 2016 compaxina o seu cargo como concelleiro e como deputado no equipo de Ana Pontón. Di sentirse máis a gusto na política local; e aínda que agora o que lle ocupa é o Parlamento galego, non dixo un adeus definitivo ao Concello.