Eduardo Lozano forma parte dunha saga de empresarios, gandeiros e apoderados taurinos. Mesmo toureiros, el é a excepción neste caso respecto dos seus irmáns José Luis e Pablo. Fala para PontevedraViva Radio de Alcurrucén, un dos seus tres ferros; de crise e causas da crise na festa taurina, de novas figuras que irromperon para romper coa monotonía dos últimos anos, de escolas de tauromaquia, da afección taurina pontevedresa e do futuro do coso de San Roque.