Cara a cara #137: Lucía Catoira Pan

Radio
05 de decembro 2018
Actualizado: 27 de novembro 2024

Lucía Catoira Pan, directora de fotografía. Premio Mestre Mateo por 'Dhogs'.

Cara a cara #137: Lucía Catoira Pan
Cara a cara #137: Lucía Catoira Pan

Recuperamos para este Cara a cara o encontro que o pasado xoves 29 de novembro tivo lugar no CITA dentro das actividades de EnfocA. A directora de fotografía Lucía Catoira Pan achegou ao público asistente a súa experiencia profesional. 

Este 2018 foi un punto de inflexión na súa traxectoria. A comezos de ano converteuse na primeira muller que obtén un premio na dirección de fotografía dos premios Mestre Mateo. Foi coa longametraxe de Andrés Goteira 'Dhogs' que pasou a ser tamén o máis premiado destes galardóns. 

Neste encontro falou tamén do seu traballo no curto 'Matria' de Álvaro Gago, que conseguiu o gran premio do xurado no Festival  Sundance; e na longametraxe  'Trote' de Xacio Baño, que se vai a estrear o 14 deste mes. Lucía Catoira tamén avanzou algúns proxectos cos que se mostrou ilusionada e que realizou con outras mulleres  como Sandra Sánchez ou Sonia Méndez.