Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Radio
06 de xuño 2016
Actualizado: 27 de novembro 2024

O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández, fai balance deste primer ano de mandato; ou o que é o mesmo, deste décimo sétimo exercicio presidindo o concello pontevedrés.

Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores
Cara a cara #11: Miguel Anxo Fernández Lores

Hai un ano o BNG conseguía o seu mellor resultado electoral no Concello de Pontevedra con doce concelleiros; o cal non significa que estea a ser - un ano despois- o seu mandato máis sinxelo. Pese iso, Miguel Anxo Fernández Lores afirma que "non hai alternativa" para alcanzar algún tipo de acordo de goberno con algún dos catro grupos representados. Modelo de cidade, modelo de cidade e modelo de cidade, por se aínda hai voces discordantes que non acaban de crerse que "somos un referente internacional". Aínda que non pon data á súa retirada política, Lores afirma que a súa única frustración como alcalde sería "non sanear a ría". Alejandro Espiño, redactor de PontevedraViva, tutela este Cara a cara.