A pesar de que o Plan de Intervención en Auxiios e Emerxencias é a actividade máis antiga que se ofrece desde Cruz Vermella, non é de dominio público a existencia e traballo que realizan os denominados ERÍES. Miguel Doallo, que traballa con Cruz Vermella desde fai dezaoito anos, é psicólogo dos Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias. Actualmente e tras a última reestruturación o ERÍE está centralizado nunha oficina autonómica que coordina a estes voluntarios, ata ese momento Miguel era xefe do ERÍE de Pontevedra.