Alerta laranxa por temporal con ventos que poden chegar a 100 km/h en Pontevedra
Por Redacción
Novembro chega a Galicia marcado pola choiva e o vento. Para este mércores, día 1, agárdase temporal costeiro en todo o litoral galego e por vento en terra con refachos moi fortes que, no caso do interior de Pontevedra, poderán chegar aos 100 quilómetros por hora.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia activou a alerta laranxa para este mércores por este temporal.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) sostén que o fenómeno meteorolóxico por temporal costeiro afectará a toda a costa desde primeira hora da tarde do mércores debido a mar combinada de oeste a noroeste con ondas de ata seis metros e ventos con forza oito.
En canto ao episodio adverso por vento, a alerta laranxa acadará rachas máximas de ata 100 quilómetros por hora a toda a provincia da Coruña; na Mariña lucense, centro e montaña de Lugo; na montaña de Ourense; e no interior de Pontevedra.
No resto da comunidade o aviso será de nivel amarelo por rachas de ata 90 quilómetros por hora.
Ademais, estará activa a alerta amarela en practicamente toda a comunidade por precipitacións acumuladas de máis de 40 milímetros en 12 horas.
Relacionadas:
-
A borrasca 'Ciarán' segue azoutando a Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O vento e a choiva derruban árbores e valados nunha tarde cargada de incidencias en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
A borrasca Celine deixa múltiples incidencias
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Activada a alerta laranxa para este martes no litoral da provincia de Pontevedra por temporal
Por Redacción |
-
Activan a alerta laranxa por temporal costeiro este luns
Por Redacción |
-
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
Por Redacción |
-
Todo o litoral pontevedrés, en alerta laranxa este domingo por un temporal costeiro
Por Redacción |