CC.OO. mobilizarase ata xuño para concienciar á cidadanía sobre o "deterioro" dos servizos públicos
Por Redacción
A política de recortes e xestión de servizos públicos como a educación, a sanidade ou a xustiza que acometen o Goberno central de Mariano Rajoy e o autonómico de Alberto Núñez Feijóo vai encamiñada a un escenario no que o sindicato CC.OO. considera que "se perden dereitos" e "só poderá facer uso deses servizos quen ten cartos".
Fronte a esta situación de "deterioro cara atrás a hai moitos anos", o secretario de Administración Local de CC.OO. en Pontevedra, José Ramón Piñeiro, anunciou este martes que o sindicato poñerá en marcha unha campaña a nivel estatal que fuxirá de accións puntuais e será prolongada no tempo, dende agora ata o próximo mes de xuño co fin de informar á cidadanía e concienciala da necesidade de saír en defensa dos servizos públicos.
O secretario comarcal do sindicato en Pontevedra, José Luis García Pedrosa, explicou que a campaña terá unha vertente de información que comezará en febreiro coa repartición de folletos informativos en lugares públicos para chegar ao maior número de cidadáns e outra fase de carácter máis reivindicativo con moviliaciones na rúa. A primeira destas protestas aínda non se concretou, pero si fixaron xa a convcoatoria dunha carácter xeneralizado para o 5 de marzo e antes, o 14 de febreiro, apoiarán a convocada por SOS Sanidade Pública contra a reordenación sanitaria.
A campaña é a nivel estatal, pero contará con actos específicos en cada comarca que se irán anunciando periodicamente. Todas as accións tanto infomativos como de mobilización irán encamiñadas a concienciar sobre a necesidade de "manter dereitos conseguidos a base de loita de moitos anos e que este goberno en dous anos deixou con perdas", segundo sostivo Piñeiro.
CC.OO. denuncia que "se perden dereitos" e "só poderá facer uso deses servizos quen ten cartos"
A defensa dos servizos públicos é "unha prioridade" para todo CC.OO, segundo Pedrosa, pero os que van levar o peso da campaña son as federacións da Área Pública, Sanidade, Educación e Servizos á Cidadanía. Non a capitaliza un só departamento do sindicato porque queren fuxir da imaxe de que se trata dunha loita dos empregados públicos para defender os seus dereitos, senón que se trata de denunciar e intentar poñer fin a unha situación e unha política gobernamental que afecta "ao conxunto da cidadanía".
Unha das claves nas que insistirá a campaña será en que o Goberno está trasmitindo á cidadanía "a idea e que isto haino que facer, é necesario" dentro da situación económica que atravesa España, pero o sindicato lles recorda que "dous países da Zona Euro, estamos 6,5 puntos por debaixo na investimento do PIB en servizos públicos".
Dende CC.OO. queren reivindicar que "o problema non está nos gastos, está nos ingresos" e, polo tanto, nunha política fiscal que creen equivocada. Ao respecto, Pedrosa anunciou que "en 15 días nós presentaremos unha proposta con medidas fiscais na liña de ofrecer alternativas" á nova regulación fiscal que planeta o Executivo central.