Xornada adicada ás persoas emprendedoras en Marín e Barro
Por Oskar Viéitez
Este luns tivo lugar unha xornada informativa en Marín sobre as axudas ao emprego da Xunta, mentras que en Barro celebrouse un acto de presentación final dos oito proxectos desenvolvidos no segundo Programa de Emprendemento de Smartpeme no Viveiro de Empresas.
En Marín, o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e a alcaldesa de Marín, María Ramalloparticipou este luns en Marín nos Encontros coa pequena empresa.
Foi unha xornada informativa sobre as axudas ao emprego da Xunta e a Rede de polos de emprendemento na que Pablo Fernández destacou "o gran potencial" de Pontevedra para xerar emprego.
Na clausura desta iniciativa interveu o novo secretario xeral de Apoio ao Emprego, quen describiu, trátase dunha rede que conecta ás persoas emprendedoras, ás administracións, aos axentes e técnicos que prestan servizos no ámbito do emprego, e aos sectores tractores e empresas do territorio.
Nos polos que actualmente están activos (serán 15 a finais deste ano) e que xa prestan cobertura a toda a xeografía galega, acompáñase aos emprendedores galegos nos seus proxectos, desde principio ao fin, ao tempo que se celebran actividades de difusión da cultura emprendedora nas que se fomentan o intercambio de ideas e coñecementos.
Na provincia de Pontevedra están en activo na actualidade o polo Pontevedra Norte e Rías Baixas que dá cobertura ás comarcas do Deza, Caldas e O Salnés, xunto cos concellos da Estrada e Barro.
VIVERO DE BARRO
Co acto de presentación final dos oito proxectos desenvolvidos vense de poñer o broche de ouro ao segundo Programa de Emprendemento de Smartpeme no Viveiro de Empresas de Barro.
Esta iniciativa da Deputación tivo nesta segunda edición como protagonistas a oito mulleres emprendedoras da provincia, que ao longo de tres meses beneficiáronse de sesións de formación nas que o equipo de SmartPeme lles ofreceu as claves para mellorar a súa competitividade, manexar novas tecnoloxías, crear plans de empresa e de márketing ou unha identidade corporativa.
Os proxectos participantes foron promovidos por emprendedoras de Pontevedra (4), Vigo (1), Vilagarcía (1), Salvaterra (1) e Sanxenxo (1), e na súa maior parte promoveron iniciativas sociais, aínda que tamén gastronómicas e comerciais, ao abeiro da sostibilidade.
O II Programa de Emprendemento enmárcase na liña específica de emprendemento dentro da carteira de servizos Smartpeme Impulsa creada no 2022 e contou cun itinerario de 60 horas de formación e asesoramento que abrangueu sesións de formación grupais e de asesoramento personalizado.
Relacionadas:
-
Agustín Reguera garante o apoio da Xunta a AJE e a colectivos de persoas xordas
Por Redacción |
-
Xuño rexistrou unha baixada xeneralizada do paro en todos os concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Fin de semana moteira coa XVI Concentración Vila de Marín
Por Redacción |
-
Aroa Otero entrará como concelleira en substitución de Pablo Fernández, nomeado secretario xeral na Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
O viveiro de empresas de Barro acolle a edición máis feminina do programa SmartPeme
Por Redacción |