Despois das matriarcas do Vao de Abaixo a Audiencia xulgará ao clan do Sevilla do Vao de Arriba
Por Oskar Viéitez
A Audiencia de Pontevedra ten pendente de sinalización o xuízo contra doce persoas acusadas de delitos contra a saúde, integración en grupo criminal e atentado a axente da autoridade.
Trátase da operación antidroga que a Policía Nacional despregou no poboado chabolista do Vao de Arriba en febreiro de 2019 na que foi detido o suposto xefe coñecido 'El Sevilla' xunto ao seu fillo 'Pinocho', a súa esposa e os seus principais colaboradores.
Esta causa chegará á Audiencia Provincial despois de que esta semana ditase sentenza condenatoria contra unha vintena de acusados relacionados cos catro clans dirixidos polas matriarcas do Vao de Abaixo.
De novo a Fiscalía tratará de chegar a un acordo cos avogados que exercen a defensa deste clan supostamente liderado por 'El Sevilla'. Inicialmente o representante do Ministerio Público pide para os xefes penas de entre oito e dez anos de prisión.
Mercé ás indagacións desenvolvidas por funcionarios da Unidade de Drogas e Crime Organizado, así como dos funcionarios do Grupo de Tráfico Medio da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Pontevedra, puido coñecerse a actividade dos investigados "consistente, de modo estable e desde logo entre os meses de agosto de 2018 e febreiro de 2019, na provisión e comercialización de estupefacientes, tanto heroína como cocaína, que distribuían tanto a consumidores finais destas substancias como a outros distribuidores secundarios no mercado ilícito", segundo relata a Fiscalía no seu escrito de acusación.
Para esta actividade ilícita servíanse doutras persoas que adquirían a droga no Salnés, A Coruña ou Alxeciras.
Relacionadas:
-
Condenados por vender droga no Vao sete integrantes do clan de 'El Vaquilla'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A rede de narcos liderada por 'El Sevilla' e Pinocho desde O Vao confesa os feitos a cambio de rebaixas de condena
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O "Clan da Cachuela" sae bailando da Audiencia tras ver rebaixadas as súas condenas por tráfico de drogas
Por Oskar Viéitez |
-
Catro clans familiares do Vao confesan que vendían droga organizados por quendas para garantir sempre a subministración
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O pastor do Vao denuncia racismo e promete que "en el poblado no se vende más droga"
Por Redacción |
-
Elevan a dez os detidos pola última redada no Vao, todos dun mesmo clan familiar
Por Natalia Puga |