Santa Mariña de Cambados, incluído nunha lista de cemiterios singulares de Europa
Por Redacción
Determinados cemiterios europeos convertéronse en auténticos museos ao aire libre polo que foron incluídos na Ruta Europea dos Cemiterios, que a Asociación Europea de Cemiterios Significativos, ASCE (Association of Significant Cemeteries in Europe), poñerá sobre a mesa do Consello de Europa a próxima primavera. Entre eles está o cemiterio de Santa Mariña de Cambados, o único da provincia de Pontevedra.
Esta asociación, integrada por vinte e dous paises e 179 cemiterios, propuxo a creación dunha ruta turística para coñecelos mellor e co obxectivo de que sexa recoñecida co título de Itinerario Cultural Europeo e así equiparala con outras rutas turísticas continentais xa existentes como o Camiño de Santiago ou o Legado Andalusí, por exemplo.
A Presidenta de ASCE, a española María Luisa Yzaguirre, unha das principais responsables de Cemiterios de Barcelona, explicou que o recoñecemento desta ruta como itinerario cultural europeo é unha tarefa sobre a que a asociación vén traballando dende hai máis de seis meses.
Subliñou que "no se trata de contemplar la ruta como una serie de monumentos a visitar, sino como un recorrido de interés global dentro de un paisaje cultural hasta ahora desconocido que nos hará interpretar de una manera diferente el paisaje patrimonial europeo".