A solidariedade dos pontevedreses desborda as espectativas dos Servizos Sociais
Por Oskar Viéitez
O Nadal animou a numerosos colectivos pontevedreses a iniciar campañas de recollidas de alimentos e xoguetes, ceas para os máis desfavorecidos, repartición de comida ou roupa para axudar aos que máis o necesitan.
Entidades, empresas, clubs deportivos, colectivos de toda índole, grupos de cidadáns, impulsan iniciativas que tratan de poñer o seu gran de area para colaborar apelando á solidariedade.
A concelleira de Benestar Social do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces, aseguraba que estas campañas superaron de sobra á demanda formulada.
ÿ o caso do Banco de Alimentos que acaba de bater este ano o seu récord coa recadación de 220.000 quilos de comida, segundo informou o responsable do Banco de Alimentos da provincia, Pedro Pereira. O Banco de Alimentos reparte cada mes unha media de 120.000 quilos para preto de 35.000 familias da provincia.
Dende outras entidades como Cáritas informan que lograron duplicar por estas datas o número de donativos.