Cortes de tráfico polas obras da contorna de Belas Artes e o Ambulatorio
Por Redacción
As obras que realiza o Concello de Pontevedra dende hai semanas para renovar as rúas Prudencio Landín, Marescot e Maestranza implicarán durante esta semana restricións no tráfico rodado. Afectarán, ao igual que as obras, á contorna inmediata dos edificios da Subdelegación do Goberno, a facultade de Belas Artes e o Ambulatorio Virxe Peregrina.
En concreto, cortaranse as rúas Enrique Marescot e Xeneral Martitegui a partir das 14.30 horas deste martes 17 de decembro ata o sábado día 21, segundo informou a Policía Local de Pontevedra.
Para reducir posibles prexuízo aos condutores e residentes na zona, a Policía Local deseñou un dispositivo de tráfico que garante o acceso ao aparcadoiro subterráneo da Praza de España e á zona monumental.
Ademais, os residentes e usuarios de garaxes de Xeneral Martitegui, Enrique Marescot e o resto de rúas afecctadas poderán chegar ata as súas prazas de aparcadoiro a través da praza de Concepción Areal.