Queixas en Barro polo mal funcionamento do transporte público: "Non cumpren os horarios e causa graves prexuízos aos usuarios"
Por Redacción
Usuarios do transporte público das liñas que pasan pola N-550 transmitiron ao alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, as súas queixas polo "mal funcionamento".
Segundo indicaron, non cumpren os horarios e "causa graves prexuízos aos usuarios" que chegan tarde aos seus postos de traballo, ao instituto ou á Universidade.
"O incumprimento dos horarios é unha tónica habitual, tanto con retrasos de ata 30 minutos como co paso con antelación sobre o horario establecido", explicaron ao alcalde, o que os abriga a "recurrir a outras solucións para poder desprazarse en tempo".
Ante esta situación, Abraldes comprometeuse a trasladar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade as súas queixas e a "demandar a mellora dun servizo que é competencia da Xunta de Galicia e cuxa concesión é da empresa Monbus".
Para o alcalde de Barro, ter un transporte público de calidade "é necesario en todas as zonas rurais", polo que "imos solicitarlle á Xunta de Galicia que tome cartas no asunto e que obriga á empresa concesionaria a cumprir os horarios de forma estrita".