Valeriano Gómez (PSOE) critica en Pontevedra que o Goberno recorra ao Fondo de Reserva
Por Alejandro Espiño
O exministro de Trabajo, Valeriano Gómez, criticou desde Pontevedra a intención do Goberno de utilizar o Fondo de Reserva de Pensións, advertindo que o gastarán "en cuatro o cinco años", a pesar do esforzo que "ha costado tanto a empresarios como a trabajadores", pasar de ter 14.000 millóns en 2004 a 70.000 millóns na actualidade.
"No tiene sentido que a la primera ocasión el Gobierno plantee gastar 3.000 millones", dixo o deputado socialista, quen reclamou ao Executivo de Rajoy que aclare as súas pretensións con respecto ao uso deste Fondo de Reserva, xa que, segundo Valeriano Gómez, "dudan si utilizarlo para subir las pensiones o para rebajar las cotizaciones sociales".
Gómez, que se reuniu en Pontevedra con militantes socialistas, asegurou que "este no es el momento de producir un gasto en la rebaja de las cotizaciones", argumentando que "no rendirá efectos a corto plazo en el nivel de empleo y producirá gastos" que, segundo dixo, serán "difícilmente sostenibles porque si se rebajan dos puntos en 2014, costará 7.000 millones de euros, y en 2013 costará otros 3.000 millones".
O PSOE tampouco apoiará, dixo o dirixente socialista, os Orzamentos Xerais, que se presentarán mañá no Congreso, e que cualificou de "difícilmente cumplibles y demasiado optimistas". Desde as bancadas socialistas anunciaron que votarán en contra, en base a que o Goberno está "maquillando la realidad social con unos presupuestos que no solo serán restrictivos en lo económico y lo social, sino que no darán ninguna confianza".
Gómez di que a política restrictiva do Goberno alemán "terminará convirtiendo en insolvente a media Europa y acabará con la moneda única"
Valeriano Gómez considera que a recuperación de España únicamente producirase "sobre a base dun crecemento do sector exportador", para o que será necesario "que el resto de Europa incremente su demanda efectiva". E outra condición para saír da crise pasa, segundo Gómez, porque "Alemania cambie su visión", xa que a política restrictiva do Goberno alemán "terminará convirtiendo en insolvente a media Europa y acabará con la moneda única".
"A reforma laboral non funcionou"
Con respecto á reforma laboral, de cuxa aplicación cumpriuse xa seis meses, o exministro de Traballo afirmou que "es obvio que no ha funcionado", ao relatar que están aumentando todos os despedimentos, "tanto los colectivos, como los individuales, como los ERE, tanto los pactados como los forzosos", o que fai que sexa difícil para Gómez "pensar en una visión optimista".
Segundo Valeriano Gómez, o Goberno "debe analizar lo que está pasando" ante os cinco millóns e medio de parados "400.000 en el último año, ya directamente imputables al nuevo goberno". Sostén que son suficientes dous anos e medio dunha "política económica restrictiva y austeridad" e que se debe, xunto con medidas que axuden a reducir o déficit, "introducir también políticas que ayuden al crecimiento".
Durante a súa estancia en Pontevedra, o exministro reuniuse ademais con afectados polas participacións preferentes, aos que trasladou que a proposta do PSOE ante esta problemática pasa por un "canje obligado" a todos os "engañados por la comercialización fraudulenta" destes produtos financeiros, por outros, "sin que sufran ningún tipor de pérdida en su valor nominal".