O furtivismo de bañador regresa a Poio, con dous casos en Campelo e Laño durante a fin de semana
Por Redacción
Cada verán, cos días de praia, sempre acaba volvendo o coñecido como furtivismo de bañador, esa actuación de persoas que van á praia e, aproveitando o seu tempo de lecer e facéndose pasar por un bañista máis, colle marisco de xeito ilegal ou furtivo.
Este 2022, volveu aparecer en Poio e durante esta fin de semana a Policía Local detectou dous casos nas praias de Campelo e Laño, en Samieira. Ademais de ser unha actividade ilegal, resulta perigosa, pois os bancos marisqueiros están pechados por toxina.
O primeiro caso sucedeu na tarde do venres. A Policía Local de Poio e os gardapescas da Confraría de Pescadores de San Telmo interceptaron sobre as 15.00 horas unha veciña de Poio collendo ameixas de xeito furtivo na praia de Campelo.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, comprobaron que ás agochadas recollía ameixa xapónica de forma furtiva e interceptáronlle aproximadamente un quilo, a maioría de tamaño antirregulamentario.
Os axentes formularon a correspondente denuncia administrativa ante a Consellería de Medio Ambiente.
A segunda intervención foi na tarde do sábado e foron dúas as veciñas de Poio que foron localizadas sobre as 18.30 horas na praia do Laño. Ás agochadas, recollían ameixa xapónica e mexillón, todo de tamaño antiregulamentario.
As veciñas levaban catro quilos de ameixa e outros catro de mexillón e os axentes formularon as denuncias administrativas correspondentes ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Solicitan colaboración para localizar o propietario dunha zódiac empregada por furtivos
Por Oskar Viéitez |
-
Dous veciños de Poio, sorprendidos "in fraganti" cando practicaban furtivismo e foxen nadando
Por Anxo Lourido |
-
Unha chapa de aceiro fronte aos roubos no Banco de Samieira: "Daba pena vir porque cada día desaparecía unha letra"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A celebración da Festa da ameixa está supeditada á situación da toxina
Por Redacción |
-
A toxina e a falta de medidas compensatorias afogan ao marisqueo á boia do fondo da ría
Por Manu Otero |
-
A Xunta reforza a loita contra o furtivismo en terra e mar
Por Redacción |
-
Non sexas pirata! A Xunta declara a guerra ao furtivismo de bañador
Por Redacción |
-
Cerco ao "furtivismo de bañador" en praias de Poio e A Illa de Arousa
Por Redacción |