Ingresa en prisión o home que atropelou a súa ex parella
Por Oskar Viéitez
Ingresa en prisión por tentativa de homicidio o home que atropelou co seu vehículo a súa ex parella.
Os feitos sucederon na noite do venres no lugar de O Casal, na parroquia de Noalla (Sanxenxo) na entrada dun garaxe propiedade dos pais do detido, polo que as autoridades investigan os motivos polos que a muller estaba no lugar xa que o acusado non podía achegarse a ela, pois tiña unha orde de afastamento.
O agresor, N.O.M., de 36 anos, permaneceu detido na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra ata que esta tarde o xuíz decidiu envialo a prisión, segundo fontes da investigación.
Este home alegou que non viu a súa ex parella cando estaba dando marcha atrás co vehículo. Dáse a circunstancia de que carecía de permiso de conducir porque perdera todos os puntos e deu positivo na análise de alcoholemia.
A muller foi trasladada ao hospital pontevedrés de Montecelo, onde quedou ingresada na UCI. Sufriu diversas contusiones e o seu estado é grave.