O Concello inspeccionará o IAE das empresas que facturen máis dun millón de euros
Por Redacción
Na Xunta de goberno do Concello de Pontevedra decidiuse a contratación unha asistencia técnica para inspeccionar o Imposto de Actividades Económicas (IAE) en relación coas empresas que recadan máis dun millón de euros.
Segundo explicou o voceiro do goberno, Raimundo González, "é unha cuestión de xustiza fiscal. Hai empresas que pagan menos do que lles corresponde. Ou normal é que paguen ou que teñen que pagar". O goberno local agarda recadar ao redor de 500.000 euros a partir desta inspección e da investigación da fraude fiscal en relación co IAE. Segundo González, os froitos inmediatos non se verán ata o próximo exercicio debido ao proceso que levan consigo as inspeccións.
A empresa adxudicataria é Noroeste Local que recibirá o 16% do recadado e a cuantía máxima sitúase en 72.600 euros. Segundo os cálculos que se realizan por parte do goberno local, en Pontevedra existen ao redor de 300 empresas que recadan máis dun millón de euros. A inspección ten un carácter retroactivo de catro anos.
Ademais, funcionan outras asistencias técnicas externas como a do IBI que supuxo 1363 altas de novas construcións e a inspección de empresas que prestan servizos en réxime de monopolio (eléctricas, gas e telefonía) que teñen que aboar o 1,5% dos seus ingresos.
Relacionadas:
-
17 empresas de gas, electricidade e telefonía, entre elas Ence e Vodafone, "defraudan" impostos, segundo o Concello
Por Alejandro Espiño |
-
600.000 euros máis para o Concello tras detectar irregularidades no pagamento do IAE
Por Alejandro Espiño |
-
O PP local propón duplicar a carga fiscal a ENCE e Elnosa
Por Redacción |