O Gorgullón vístese de gala para celebrar o final das obras
Por Redacción & Mónica Patxot
O Concello de Pontevedra organizou unha festa na tarde deste venres para celebrar a finalización das obras nas rúas perimetrais do Gorgullón.
Con esta celebración, o goberno local quixo agradecer á veciñanza a súa colaboración e paciencia durante o tempo que duraron as obras, que serviron para deixar un "barrio de altísima calidade", dixo o concelleiro de Obras Urbanas, Demetrio Gömez
O evento consistiu nunha festa infantil na Praza da Curtidoira con pasacalles incluído. Ademais, na contorna da residencia Soremay, o Grupo Foula protagonizou un espectáculo musical a base de boleros e swing.
Coa posta de sol, os asistentes tiveron a oportunidade de comprobar o ben que loce a nova iluminación.