Cuntis aproba de xeito definitivo o orzamento para o 2022 e o plan de axuste económico
Por Redacción
O pleno extraordinario celebrado en Cuntis serviu para aprobar de xeito definitivo os orzamentos para o ano 2022, o plan de axuste e a solicitude de adhesión ao fondo de ordenación para formalizar una operación de endebedamento.
Cuntis contará este ano cun orzamento de 4,65 millóns de euros, que ten un marcado caracter social cun incremento na partida económica destinada á atención aos programas de apoio á veciñanza e recollen unha partida para garantir o desenvolvemento do polígono industrial de A Ran, entre outras obras.
O orzamento voltou a pleno para responder á alegación presentada por colectivos ambientalistas que reclamaban unha partida para conservación do patrimonio. Sen embargo, un informe de Intervención explica que o orzamento xa reserva 6.000 euros para este fin e ten habilitados mecanismos para incrementar esta partida de ser necesario.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, explicou á Corporación a urxencia de aprobar o plan de axuste, un instrumento que permite ao Concello refinanciar obligacións pendentes de pago desde o ano 2011 por un importe de 608.400 euros, cantidade global da débeda de Cuntis.
A orde do día incluía tamén unha moción para a rehabilitación e conservación do Parque Maráns, unha proposta que se aprobou coa abstención do grupo municipal socialista que no debate explicou que existe un proxecto redactado para recuperar esa área desde o ano 2011 e que só falta a financiación necesaria para executar os traballos.
Relacionadas:
-
Case 150.000 euros permitirán reparar a rede viaria de Cuntis afectada polos temporais
Por Redacción |
-
Un informe de Intervención rexeita aumentar a partida para a conservación dos petróglifos de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis adhírese a un plan de axuste para afrontar a débeda con proveedores que arrastra desde o ano 2011
Por Redacción |
-
Aprobado o orzamento municipal de Cuntis cun incremento das partidas sociais e unha aposta polo polígono
Por Redacción |
-
O goberno local de Cuntis presenta un orzamento municipal que supera os 4,6 millóns de euros
Por Redacción |