Marín aproba con nota na recollida selectiva de lixo, agás nos voluminosos
Por Redacción
A concelleira de Medio Ambiente de Marín, Marián Sanmartín, compartía este martes o balance da reciclaxe na vila durante 2021. Uns datos que confirman, aseguran desde o Concello, o compromiso da cidadanía marinense coa recollida selectiva dos residuos.
"Seguimos tendo moi boas cifras, sempre en tendencia ascendente. Todas as campañas de concienciación e a implicación da cidadanía teñen un reflexo positivo, así como o feito de que a gran maioría das illas de colectores da nosa vila conten coa posibilidade de reciclaxe de plástico e cartón", explicaba Marián Sanmartín.
Segundo se extrae do informe estatístico de 2021, no caso da recollida de plástico acadáronse as 471,3 toneladas, un número significativamente maior con respecto ás 191,06 toneladas que se recollían no ano 2017, revelaba a edil marinense.
Un incremento similar é o que se produce no caso do cartón. Sumando as cifras da recollida do cartón comercial, co servizo porta a porta, e a recollida nos colectores públicos, acadáronse 482,9 toneladas, un dato moi positivo en comparación coas 270,4 toneladas de 2018, ano no que entrou en servizo esa recollida porta a porta.
Outro residuo que experimentou un aumento importante na súa recollida selectiva foi o aceite, que pasou dos 9.969 litros en 2019 a 12.330 en 2021. Sanmartín adiantou que "en breve colocaremos catro novos colectores de recollida de aceite, para seguir facilitando a súa reciclaxe e, polo tanto, seguir mellorando estos datos".
No que respecta á recollida de voluminosos, a edil explica que segue habendo bastantes verteduras e prega á cidadanía que faga un uso responsable do servizo de recollida, accesible a calquera cidadán previa chamada á empresa encargada do servizo.
A concelleira de Medio Ambiente adiantou que se seguirán facendo campañas de concienciación e incidindo nas boas prácticas.
Relacionadas:
-
A máquina de reciclaxe da Praza de Abastos de Marín volve estar en marcha
Por Redacción |
-
Marín apúntase á reciclaxe de roupa e aceite
Por Redacción |
-
Denuncian un vertedoiro incontrolado de colchóns, mobles e electrodomésticos en Miñán
Por Redacción |
-
Marín quere reducir a cantidade de impropios que se depositan no contedor de reciclaxe de plástico
Por Redacción |
-
Marín achaca o aumento da reciclaxe no municipio aos novos contedores
Por Redacción |