Hai que ser parvo para perderse no campus
Por Redacción
Desde este mércores dúas vallas informativas nas dúas rotondas que dan acceso ao campus facilítan á comunidade universitaria e aos pontevedreses aquela información básica que precisan para localizar unha determinada facultade ou escola tanto na Xunqueira coma no casco histórico de Pontevedra.
A partires de agora, será difícil non localizar tan só cun golpe de vista onde está situada calquera facultade, escola ou pavillón Universitario.
Esta iniciativa promovida pola Vicerreitoría pretende continuar coa liña de traballo iniciada hai xa varios meses na que se pretende humanizar o campus.
Bo exemplo diso foron as melloras realizadas arredor das Facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e máis de Fisioterapia. A estas actuacións hai que sumarlle o acondicionamento das zonas verdes e dos aparcadoiros, unhas obras que tamén realizarán en breve nas inmediacións das Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Escola de Enxeñaría Forestal.