A confraría de Lourizán estrea embarcación para controlar as extraccións na ría
Por Redacción
A confraría de pescadores de Lourizán conta cun novo recurso para reforzar as súas tarefas de vixilancia e control sobre os recursos pesqueiros da ría de Pontevedra. Trátase dunha embarcación para o seu servizo de gardapescas.
O barco, que foi bautizado co nome de Mar de Lourizán, foi construído polo estaleiro Polymade de Portonovo.
Permitirá, segundo destacan desde o depósito pontevedrés, fomentar o crecemento económico no sector pequero e realizar unha mellor vixilancia sobre as extraccións non autorizadas, en colaboración coa Policía Autonómica, os gardacostas e o resto de confrarías.
A embarcación está dotada de avanzados sistema mecánicos de 'peneirado' e clasificación de moluscos, unha maior amplitude de espazo para o exercicio seguro dos gardapescas e modernos equipamentos de seguridade e navegación.
Neste proxecto, que contou co apoio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra, investíronse algo máis de 55.000 euros.