Unha paciente procedente da Residencia Soremay, sétima vítima mortal da covid-19 en Montecelo en oito días
Por Redacción
Unha muller de 90 anos de idade con covid-19 falecía durante esta xornada no Hospital Montecelo, procedente da residencia Soremay de Pontevedra, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade.
Con esta nova vítima mortal, a área sanitaria sitúase en 201 defuncións desde o inicio da pandemia, e súmase a un período tráxico no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra con sete falecementos de enfermos con covid-19 en oito días.
Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 20.286 pacientes, 71 má s que na xornada do sábado, segundo informan desde a xerencia da área sanitaria.
Ademais, a Consellería notifica outras tres mortes máis, todas de persoas con outras enfermidades previas e idades avanzadas. Segundo informan, Saúde Pública confirmou que o venres 27 falecía un home de 96 anos no Hospital de Povisa en Vigo coa enfermidade e este sábado 28 perdían a vida un home de 72 anos e unha muller de 89 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Galicia sitúase en 2.564 falecementos desde o inicio da pandemia.
PREVISIÓN DE VACINACIÓN A TRAVÉS DE AUTOCITA
Este luns 30 de agosto, duascentas persoas convocadas con autocita acudirán a recibir as súas doses ao Recinto Feiral de Pontevedra, mentres que en Vilagarcía de Arousa tamén se convocaron a 50 persoas a través do servizo de autocita para que acudan ao recinto feiral de Fexdega.
Desde a Consellería insisten en que o sistema de autocita permanece aberto e dispoñible para a poboación e que se pode solicitar a través da páxina web ou da aplicación Sergas Móbil. Os primeiros ocos dispoñibles do día destínanse a cidadanía con idades comprendidas entre os 12 e os 19 anos, que se vacinarán este luns 30 e o martes 31 de agosto.
Relacionadas:
-
Baixa a presión hospitalaria reducíndose a cifra de pacientes covid a 15 ingresados na área
Por Redacción |
-
20 novos positivos detectados nas últimas 686 probas PCR realizadas na área sanitaria
Por Redacción |
-
18 pacientes seguen ingresados con covid-19 na área sanitaria, cinco na UCI
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés alcanza as 200 vítimas mortais pola covid-19
Por Redacción |
-
Mantense a curva descendente de infeccións na área sanitaria con 689 casos activos
Por Redacción |