Acto común na Alameda no Día Mundial de Tecer en público
Por Redacción
Este sábado 12 de xuño celébrase o Día Mundial de Tecer en Público, unha conmemoración que terá visibilidade na vila a través da Asociación de Tecedoras Laneras Cascabeleras. Este martes a representante do colectivo e a concelleira Cristina Acuña presentaban esta xornada.
Segundo a organización, contan cunha previsión de 70 persoas que se achegarán durante o sábado á Alameda para realizar esta actividade de maneira común utilizando diferentes técnicas como o ganchillo ou a calceta. Será necesario que as persoas participantes manteñan as distancias de seguridade e respecten as medidas sanitarias.
A cita iniciarase ás 16.30 horas e prolongarase ata as 21.00 horas. Segundo a asociación, está previsto que acudan persoas afeccionadas de toda Galicia a este evento. Ademais celebrarase un pequeno desfile e entregaranse premios ao persoal que participe. Tamén haberá ambientación musical e sorteos.