Poucos desempregados na asemblea de parados da CIG
Por Anxo Lourido
O sindicato CIG mantivo unha asemblea que se saía do habitual. Nesta ocasión, citábase no local sindical a desempregados para que tiveran coñecemento da campaña '100 medidas para crear emprego'. Pero malia que a cifra do paro volveu aumentar, poucos desempregados achegáronse para escoitar ao secretario comarcal do sindicato nacionalista, Marcos Conde. O líder sindical alegaba: "Por desgraza, a maior preocupación dunha persoa sen emprego é buscar emprego. Nós queremos que se organicen pero as persoas o que están é dinámicas na búsqueda de emprego. Eu non creo que haxa parados que estean rascando a barriga tirados no sofá, estou seguro de que están nunha posición activa buscando traballo".
Neste sentido, Marcos Conde lamentaba que, tras o verán, o paro volva subir: "Non houbo ningún tipo de cambio nas políticas do goberno de Madrid e da Xunta e seguen coa lideira de que a reforma laboral vai ser a panacea e que a conta de non gastar van crear emprego. Mentres non se creza a un 3% non se vai crear emprego. As persoas que traballan se atopan que as súas condicións laborais están en condicións peores".
A campaña que presentaron aos desempregados durante a asemblea céntrase nunha iniciativa lexislativa popular que xa foi presentada. "A asemblea de parados é un punto máis e chamamos á mobilización. A idea é que o día 15 fagamos unha marcha para denunciar a situación na que estamos" indica Conde, que amosa a súa preocupación ante o panorama que se presenta os vindeiros anos: "Que futuro lle espera a Galicia? Por desgraza unha sociedade avellentada. ÿ o mesmo que nos anos 70, estaban os vellos e os moi novos. O resto emigraba todo o mundo. E agora está a pasar o mesmo. Nos están aniquilando e aquí non vai quedar nin o apuntador".