Aumentan a 213 o número de casos activos por covid-19 na área sanitaria antes da chegada dos festivos
Por Redacción
Vinte pacientes mantéñense este 31 de marzo ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, a mesma cifra que este martes, pero coa diferenza de que aumentou a dous o número de pacientes que se atopan na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. En planta do mesmo centro atópase 17 persoas mentres que no Hospital do Salnés mantense un enfermo por covid-19.
Nesta xornada rexístranse 231 casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, 13 máis que durante o martes. Nas últimas 24 horas realizáronse 381 probas PCR, que ofreceron 21 novos casos positivos.
Desde o inicio do plan de continxencia faleceron por culpa do virus 163 pacientes, a última vítima rexistrábase este martes coa morte dunha muller de 94 anos en Montecelo. Contaba con enfermidades previas no seu historial.
A incidencia acumulada a 7 días na cidade de Pontevedra é de 29,76 por 100.000 habitantes, mentres que a 14 días sitúase en 58,33
DATOS EN GALICIA
Galicia neste último día de marzo rexistra 2.354 casos activos, 47 máis que na anterior xornada. Detectáronse 168 novos activos xusto antes dos festivos da Semana Santa.
Permanecen 167 persoas hospitalizadas, con 30 pacientes nas Unidades de Coidados Intensivos, incrementándose en 4 o número de enfermos nesta situación dentro da comunidade.
A incidencia acumulada en Galicia a 7 días é de 35,58 (+1,3) e a cifra durante os últimos 14 días é de 69,97 (+0,8), segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.
Faleceron 6 persoas máis durante as últimas horas elevando o número de decesos en Galicia a 2.342, segundo as cifras recollidas desde o inicio da pandemia.
Dos 168 novos contaxios por covid, 35 máis que hai sete días, Vigo recolle 63 casos, A Coruña, 27; Santiago, 23; Pontevedra e Ourense, 18 cada unha; Lugo, 15 e Ferrol, 4.
Relacionadas:
-
Un home de 72 anos, vítima 164 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Confirman un gromo con catro positivos no servizo de Medicina Interna do Hospital Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
Unha muller de 94 anos, vítima 163 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |
-
Sanxenxo manterase toda a Semana Santa no nivel alto de restricións
Por Redacción |
-
A máscara será obrigatoria ao aire libre, sexa cal sexa a distancia, incluído en praias e piscinas
Por Alejandro Espiño |
-
Xornada de estabilidade na área sanitaria onde se manteñen 20 pacientes ingresados por coronavirus
Por Redacción |